Saturday 20 de April de 2024

Cerdido celebrara a súa gran festa de Entroido o sábado 18 no Pavillón Municipal


• O evento dará comezo ás 17:30 horas

• Haberá premios para os mellores disfraces nas categorías individual, parellas e grupos

• Recibirán vales para trocar no comercio e na hostalaría local por valor ata 70 euros.

O Concello de Cerdido celebra a súa gran festa de Entroido o vindeiro sábado, 18 de febrero, no Pavillón Municipal.

O evento dará comezo a partir das 17:30 horas, albergará un concurso de disfraces que repartirá premios para as categorías individual, parellas e grupos.

Os gañadores recibirán vales para gastar no comercio e na hostalaría local. O primeiro premio individual adulto recibirá un vale de 30€, o primeiro individual infantil 15€, a primeira parella adulta 50€, a primeira parella infantil 25€, o primeiro grupo adulto 70€ e o primeiro grupo infantil 35€.

Para participar na categoría de grupos haberá que ter un mínimo de tres persoas participantes.
Desde o Concello de Cerdido animan a toda a veciñanza a disfrazarse e a participar na festa de Entroido no Pavillón Municipal.